Thursday 16 de May de 2024

Maxia e Contos polo Nadal, nas Bibliotecas de Oleiros


Un programa de contacontos encherá de Nadal as bibliotecas de Oleiros entre o 13 e o 21 de decembro. Nel participarán 8 artistas que farán as delicias das persoas máis pequenas das familias: Genma Pardo, Bululú, Leo Leíño, Trinke Trinke, Ramiro Neira, Cachirulo, David Méndez e Charo Pita.

As persoas interesadas poden consultar a programación na web oleiros.org e inscribirse desde 10 días antes da actividade. Os días 14 e 21 será en Perillo, o 14 en Lorbé, o 15 en Nós, os días 13, 20 e 21 en Santa Cruz, o 15 en Mera, o 18 en Dorneda e o 19 en Oleiros.